Rubiá é unha vila típicamente rural onde destacan claramente dous productos: o viño e as castañas. Ámbolos dous productos foron fonte de subsistencia durante moitos anos pero, na década dos 70 comenzaron as explotacións de pizarra que provocaron un gran cambio na estructura económica do lugar. Así, os xóvenes, que atopaban diñeiro "fácil" nas canteiras foron abandoando paulatinamente o campo; Esta situación levou o estado actual, onde a economía familiar básase no traballo asalariado, complementado con pequenas explotacións agrícolas e con algunhas pezas de gando. De tódolos xeitos, viño e castañas ainda són moi importantes nesta economía. Así, o viño é comercializado por modernas bodegas e ten a denominación de orixen de valdeorras;

Denominación de orixe para os viños de Valdeorras.

Pero sen dúvida, o producto estandarte de Rubiá son as castañas, que, exportadas tanto o mercado nacional como o internacional, converten a Rubiá nun dos principais productores mundiais. Delas elaboranse productos como o marrón glasé, que é moi cotizado no mercado xaponés.

Castañeiro.