Rubiá é a capital do concello o que da nome. Está situado o noroeste de España, na comunidade autónoma de Galicia; Encuadrado na provincia ourensá, pon límite a esta pola parte máis nororiental e establece a fronteira natural entre Galicia e León (gañando por isto o sobrenome de "porta de Galicia"). É un dos 9 concellos que forman a comarca de valdeorras.

En canto o concello, ten unha extensión de 102 Km2, divididos en 17 pobos (O Barrio, Biobra, O Castelo, Covas, Oulego, Pardollán, O Porto, Quereño, Real, Robledo da Lastra, Rubiá, Sobredo, Trambasaugasa, O Val, A Veiga de Cascallá, Vilardesilva e Vilar de Xeos) entre os cales se reparten arededor duns 1.900 habitantes, sendo Rubiá o núcleo onde se asentan a maioría deles (pulsa para ver cadro de poboación).

As vías de comunicación máis importantes son, principalmente, a estrada N-120, que atravesa todo o municipio e o une con toda a provincia, e a estrada OR-622, que une a capital do concello coa maioría das aldeas. Tamén é importante a línea férrea Palencia - A Coruña con paradas nas estacións de Covas e Quereño.

En canto á xeografía, Rubiá está situada nun pequeño val, rodeado por montañas que forman auténticos muros xeográficos a vez que un paisaxe realmente espectacular. O resto do concello é predominantemente montañoso, con contrastes permanentes, localizándose o noroeste a zona máis abrupta, a serra da "Encina da Lastra", que se alonga pola parte central e oriental do municipio sendo o "pai" de dous ríos, o Meiral e o Galir, ambos afluentes do Sil. Todo o termo ten unha altitude media duns 600 metros, atopando as cotas máis altas nos picos de "As tres penas Marías" (1.268 m.), "O Piornal" (1.528 m.) e "Portelo da Tara" (1.099 m.). Tamén é importante o monte do "Nacedeiro" onde nace o río cigüeño, que abastece de auga o pobo de Rubiá .Mención tamén para o río Sil, importante por determinar os límites municipais pola parte este.


Datos da poboación - Mapas - Datos técnicos