Rubiá Web nace como unha porta o mundo sobre o meu pobo: Rubiá. Durante os seus anos de existencia (foi creada o 9 de Abril do 2001), sempre permaneceu fiel a sua idea inicial: dar a coñecer o mundo este maravilloso pobo e, a posibilidade de que, dende calquer lugar do planeta, poidamos estar o tanto de todolo que eiquí acontece, falar con outras persoas relacionadas co pobo e quitar esa morriña propia da xente da nosa terra.

Esta é unha páxina persoal, sen ningún fondo público nin beneficio económico (pero aceptaría donacións, je,je). Como podeis imaxinar, a información que eiquí se ofrece é unha recopilación entre varios libros e algunhas páxinas web. Por iso quero agradecer a Don Ramón López Caneda (rubianes ilustre) e o Instituto de Estudios Valdeorreses, por ser a miña fonte principal de información referente a historia e a economía de Rubiá. Tamén teño que agradecer o resto de outores cuios libros e páxinas web axundaronme a constituir a información da web.

Maís cousillas: actualmente, está é a terceira versión da páxina. A diferencia das anteriores, nas que o cambio era basicamente estético, agora, coa introducción do PHP, Rubiá Web é páxina dinámica, na que todos podemos participar: sois vos mesmos os que podeis publicar novas referentes o pobo.

Primeira versión
Segunda versión
Versión actual

En canto os aspectos maís técnicos, decir que esta escrita en html principalmente (lóxico, en que iba estar); tamén utiliza flash (a prensentación principal e o título), PHP-MySQL (o foro, por exemplo) e java-script. Todoslos script (tando de PHP como de java) esí como o deseño da páxina está feito por min, polo que é case fixo que atopeis algún que outro fallo, por favor, decidemo.

Ben, agora falarvos sobre min, o autor: chamome Carlos Rodríguez, teño 25 anos, son natural de Rubiá e apasionanme os ordenadores, e sobre todo, o deseño de páxinas webs. Esta pasión, unida coa inexistencia de páxina adicadas integramente a Rubiá, foron motivos suficientes para poñerme mans a obra para creala. Dende enton, dediquei moitas horas a Rubiá Web, poñendo moito énfasis ata no maís mínimo detalle. Por certo, espero que a cousa non quede eiquí, porque teño moitas ideas e novos proxectos.

E xa para acabar, agradecervos a vos, os que visitais a páxina, por que iso si é o verdadeiro fin de todo isto, que Rubiá Web sea vista por miles de persoas. Gracias a todoslos participais nela, xa sexa deixando mensaxes no foro, insertando novas, enviandome cousas ... A todos, MOITAS GRACIAS.