Fai miles de anos, toda a comarca de valdeorras,e claro está, tamén Rubiá, estivo habitada por pobos indíxenas prerromanos. Estos pobos, entre outros restos, deixaronos moitos topónimos, entre os cales atopamos o de Rubiá que proven da divinidade indíxena RAVVEANA ( esto vese máis claro se vos conto que ata fai uns anos o topónimo de Rubiá era Rubiana, nome polo que tamén se coñece ( e moito) o pobo). A alusión a este deus atópase no resto arqueolóxico máis importante do concello, unha lápida inscrita e da cal agora se descoñece o seu paradeiro; de todalas maneiras, podemonos limitar o que se escribiu sobre ela: foi descuberta no ano 1940, incompleta ( xa que non se sacou con todolo coidado necesario) e coa inscripción:

RAVVEANA ... - BARECO ... - AFER ALVIN ... - T. TORUBOS - V.S.L.M

A pesar de que a lápida estaba rota a metade, e en contra do que se poida pensar, é moi posible que o texto completo veña a ser:

RAVVEANA - BARECO - AFER ALVINUS - TITUS TORUBOS - V.S.L.M

Esta inscripción, traducida o galego ven a dicir: "Albino Tito Torubo, africano, puxo de bon grado este monumento a Ravveana Bareco".

Ainda que Bareco é unha divinidade celta ben coñecida, o nome de Ravveana soamente aparece eiquí. Certamente, non coñecemos ningunha forma de representación figurativa deste deus local, nin sabemos tampouco a qué fenómeno natural se asociaba o seu culto en Rubiá, pero o seu nome, evolucionado o longo dos seculos, pervive hoxe no do noso pobo.



<< Ir a Historia do Pobo -- Índice -- Ir a Historia do Escudo >>